Apoio económico para teitar as pallozas de Piornedo

Imagen de cabecera
Ver video
Financiado el 21 / 04 / 2020
Cofinanciado!
Obtenido
$ 9,627
Mínimo
$ 3,119
Óptimo
$ 11,331
242 Cofinanciadores
Canal
  • Aportando $ 10

    Agradecemento
    • Publicación na páxina de teitos de Piornedo do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto.
    > 19 Cofinanciadores
  • Aportando $ 16

    Agradecemento + visita guiada
    • Ruta guiada polo lugar e visitas ás pallozas. Data a escoller (sábados).
    • Publicación na páxina de teitos de Piornedo do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto.
    > 32 Cofinanciadores
  • Aportando $ 16

    Agradecemento + peza de xabón
    • Unha peza de xabon de aloe vera de elaboración artesá.
    • Publicación na páxina de Teitos de Piornedo do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto.

    Envío a España.

    > 11 Cofinanciadores
  • Aportando $ 19

    Agradecemento + colgante de cerámica
    • Colgantes de Fuco (deseño especial).
    • Publicación na páxina de teitos de Piornedo do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto.

    Envío a España.

    > 22 Cofinanciadores
  • Aportando $ 21

    Agradecemento + participación no entroiro
    • Participación no Entroiro de Piornedo: carantoñas e maranfallos, fachas, fogueira e cea colectiva.
    • Publicación na páxina de Teitos de Piornedo do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto.
    > 09 Cofinanciadores
  • Aportando $ 23

    Agrademento + fariña de centeo + receita
    • Publicación na páxina de teitos de Piornedo o nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto.
    • 1/2 Kg de fariña de centeo moida cunha receita de biscoito.

    Envío a España.

    > 18 Cofinanciadores
  • Aportando $ 31

    Agradecementos + concerto
    • Entrada ao concerto de Abraham Cupeiro na palloza de Perdigón o día 21 de marzo.
    • Publicación na páxina de teitos de Piornedo o nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto.
    > 17 Cofinanciadores
  • Aportando $ 31

    Agradecementos + concerto grupo tradicional
    • Entrada ao concerto de Tres Pesos, con presentación do último disco o día 13 de xuño na palloza de Perdigón.
    • Publicación na páxina de Teitos de Piornedo o nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto.
    > 10 Cofinanciadores
  • Aportando $ 31

    Agradecementos + Cine + coloquio
    • Cine-coloquio “O que arde“ coa proxeción da película e debate co director Oliver Laxe.
    • Publicaración na páxina de Teitos de Piornedo o nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto.

    A proxeción será no mes de agosto, publicarase a data na páxina de facebook teitos de Piornedo.

    > 14 Cofinanciadores
  • Aportando $ 36

    Agradecemento + ruta guiada
    • Ruta guiada polo monte de Piornedo con comida ao estilo do país (5 horas de duración).
    • Publicación na páxina de teitos de Piornedo do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto.

    Acordarase cos colaboradores as datas das rutas.

    > 25 Cofinanciadores
  • Aportando $ 42

    Agradecemento + curso de Pandeira + cea
    • Praza no curso de perfeccionamento de Pandeira Ancaresa (técnica de Argentina) que se vai impartir o día 21 de agosto en Piornedo con cea ó estilo do país.
    • Publicación na páxina de Teitos de Piornedo do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto.
    > 10 Cofinanciadores
  • Aportando $ 42

    Agradecementos + mallega + xantar
    • Participación na mallega, posibilidade de colaborar nos traballos e participación no xantar coléctivo
    • Publicación na páxina de Teitos de Piornedo do nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto.

    Publicarase a data na páxina de facebook teitos de Piornedo.

    > 05 Cofinanciadores
  • Aportando $ 62

    Agradecementos + obradoiro de teitado
    • Participar en obradoiro teórico-práctico de teitado a cargo de Juan de Burbia: escolmar, facer brincallos, técnicas de teitado; 6 horas de duración.
    • Publicación na páxina de Teitos de Piornedo o nome da persoa colaboradora como mecenas do proxecto.

    Publicarase a data na páxina de facebook teitos de Piornedo.

    > 12 Cofinanciadores
  • Aportando $ 104

    Agradecementos + libro + ruta guiada + visita
    • Ruta guiada ó Pico de Agulleiro.
    • Libro "Piornedo unha comunidade de alta montaña dos Ancares" (Clodio González e X. R Marín).
    • Unha visita guiada polo lugar de Piornedo e as súas pallozas.

    Acordarase cos colaboradores as datas.
    Envío a España.

    > 06 Cofinanciadores

Sobre este proyecto

Recuperación do cultivo e dos traballos tradicionais do centeo para frear o deterioro destas históricas construcións.

Necesidades Material Mínimo Óptimo
Apoio económico para teitar as pallozas de Piornedo
Comprar material para pechar con alambrada unha finca sementada de centeo para protexela dos ataques do xabaril.
$ 3,119
Necesidades Tarea Mínimo Óptimo
Apoio económico para teitar as pallozas de Piornedo
Comprar material para pechar con alambara as tres fincas sementadas de centeo con man de obra
$ 8,212
Total $ 3,119 $ 11,331
Imprescindible
Adicional

Información general

Preparar tres parcelas en tres lugares diferentes de Piornedo, analizar a terra, abonar e sementar centeo de distintas procedencias, e aproveitar o gran e a palla, en especial esta última, para teitar nas pallozas, palleiros e hórreos de cara a evitar o seu rápido e grave deterioro. Todo isto asesorado por un técnico.

O valor etnográfico do proxecto é importante, dado que tamen se recuperarán traballos tradicionais e festexos relacionados con eles, como o remate da sega, a mallega e o teitado.

A superficie total desta primeira fase é manexable (1,5 Ha aprox.) e, segundo os resultados, ampliarase na segunda fase do proxecto, que comezará no outono do 2021.

As aportacións dos colaboradores serán para facer frente aos gastos do peche con alambrada das tres parcelas sementadas de centeo.

Descripción del proyecto. Características, fortalezas y diferenciales.

OBXECTIVOS:

. Valorar a adaptación e a produción de diferentes variedades de centeo para conseguir palla dura e longa para teitar.

• Abaratar a produción de centeo para teitar as pallozas eliminando os custos de transporte..

• Conseguir un centeo de mellor calidade, recuperando variedades autóctonas que se adapten mellor á climatoloxía e ao terreo.

• Conseguir que se teiten tódalas pallozas, xa que o que hai que conservar é a totalidade do núcleo.

• Implicar aos veciños na rehabilitación dos teitos e, en xeral, do contorno vital, na medida das posibilidades de cada un, tendo en conta o gran envellecemento e despoboamento.

• Recuperar e transmitir os saberes e as tradicións da zona nos traballos e aproveitamentos do “pan”, tan importantes antano.

• Aproveitar a actividade para recuperar festas tradicionais e tarefas de cooperación comunal como son a sega, a mallega ou o teitado, con obxectivos de cohesión comunitaria e de reclamo turístico.

• Colaborar con outras asociacións que tamén fan a mallega de centeo, aproveitar sinerxias e crear redes de axuda mutua.

diseno-sin-titulo-1-1.png img-20190910-wa0000.jpg img-20190802-100733.jpg cimg-79.jpg

Motivación y a quién va dirigido el proyecto

Hai en Galicia moitas contruccións, como o caso da aldea de Piornedo de Ancares, declaradas BIC que se atopan en estado abandono por falta de responsabilidade das administracoións públicas. Os veciños do lugar estamos vendo como co paso do tempo e a falta de mantemento anual un patrimonio único se estraga e dende que as pallozas caian non vai ser posible a súa recuperación.

cimg-93.jpg img-20190907-152236.jpg

Experiencia previa y equipo

Somos veciñ@s do lugar, de pequenos realizamos todos os traballos relacionados co cultivo e recolección do centeo, ademáis do seu aproveitamento para teitar as pallozas. Somos 5 soci@s e contamos coa axuda de amigos e veciños para facer os traballos que se facian de forma comunitaria. Debido ao envellecemento e o despoboamento do rural tamén teremos que contratar traballos que non podemos realizar por nós mesm@s.

Sabemos que hai xente preocupada polo estado de deterioro das pallozas, sobre todo en Galicia , e apelamos a súa sensibilidade para difundir e colaborar no proxecto.

img-20190910-wa0008.jpg img-20190802-114653.jpg

Compromiso social

Objetivos de Desarrollo Sostenible

  • Reducción de la desigualdad

    Reducir la desigualdad en y entre los países

  • Ciudades y comunidades sostenibles

    Lograr que las ciudades y los asentamientos humanos sean inclusivos, seguros, resilientes y sostenibles

  • Producción y consumo responsables

    Garantizar modalidades de consumo y producción sostenibles