¡Renovamos Goteo!

Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?

XXIII Festas do Barrio de San Pedro

  • Location Santiago de Compostela, Galicia, España
Finished 01 / 07 / 2026
Funded!
Received
€ 5.670
Minimum
€ 4.400
Optimum
€ 5.400
159 Co-financiers
Channel
  • Contributing € 10

    Vai ferver o Barrio de San Pedro 🎉

    É a túa aportación a que fai que todo se poña en marcha! Así é como comeza todo: coa túa semente, que fará florecer o barrio 💐💐 Grazas, grazas e mil grazas, xa tes a chave do noso corazón! 🗝️💓

    Por cada 10€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 8€ ao facer a Declaración da Renda. Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 26 Co-financiers
  • Contributing € 20

    Imos facer a festa que mereces! 💜

    Imos facer a festa que mostre o noso amor polo barrio 💖🍀🗝️💜

    Marabilla! Grazas aos teus cartiños imos facer a mellor festa para ti e para todas aquelas persoas que amamos o barrio 💜🔑 💜 💖

    Por cada 20€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 16€ ao facer a Declaración da Renda. Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 41 Co-financiers
  • Contributing € 30

    Por ter aportado, aquí tes un pareado 💓

    Grazas mil pola túa axuda sincera, con 30 euros, a festa será mais festeira.
    O noso barrio brilla grazas a ti, xuntis faremos que isto sexa un festín

    Por cada 30€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 24€ ao facer a Declaración da Renda. Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 36 Co-financiers
  • Contributing € 50

    Xa estamos imaxinando novos lemas para camis e chapas

    Xenial! Con estes euros xa podemos encargar as camis deste ano Grazas a moreas 💜🔑

    A túa aportación desgrava!

    Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 23 Co-financiers
  • Contributing € 75

    Coidados e Hospitalidade 🌷

    Grazas aos teus cartiños imos facer unha hospitalidade riquiña para que es artistes e grupos de música sintan os coidados do Barrio de San Pedro, como nos gusta 💜🔑 💜 💖

    A túa aportación desgrava!

    Anótao no teu calendario para non esquecelo.
    Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 03 Co-financiers
  • Contributing € 100

    Música para Bailar o Barrio 🗝️ 🗝️

    Grazas grazas e grazas, con estes cartiños podemos asegurarnos unha programación diversa e que reflicta os gustos do noso barrio 💗💗

    A túa aportación desgrava!

    Anótao no teu calendario para non esquecelo.
    Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 08 Co-financiers
  • Contributing € 200

    Marabilla! Tedes a 🗝️ dos nosos 💖💖💖💖

    A nosa utopía: Barrios para Bailar e non para Especular 💖

    A túa aportación desgrava! Anótao no teu calendario para non esquecelo.
    Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 300

    Tomaaaaa! As festas do barrio para ti e para as túas amiguis 💖💜🍀

    Quedamos sen palabras!

    A túa aportación desgrava! Anótao no teu calendario para non esquecelo.
    Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 500

    Incrible! Estamos super agradecides por tanta xenerosidade 🤩💚✨

    Esta é unha recompensa específica para ti, aliade do barrio (establecementos, asociacións e comercios de proximidade).

    A túa achega será mencionada de maneira especial nas nosas redes sociais.

    A túa aportación desgrava! Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers

Barrios con Luz Propia 💡

10 | 06 | 2026

🫂 Levamos máis de vinte anos organizando as Festas do Barrio de San Pedro para propiciar espazos de encontro e celebración entre a veciñanza. Festas do barrio para o barrio grazas á implicación da comunidade, entidades sociais, veciñanza, hostalaría e comercio de proximidade.

❤️ Todes adicamos o noso tempo de maneira altruista para construír un barrio vivo e diverso.

🌼 Aprendemos facendo: cada quen achega a súa experiencia e ilusión, poñendo o seu gran de area para que todo saia adiante.

🏘️ Nestes anos fomos cambiando, adaptándonos e reiventándonos fronte a falta de acceso á vivenda, o aumento dos prezos, a expulsión progresiva da veciñanza e os procesos de xentrificación que están transformando profundamente os nosos espazos de vida e de toda a cidade.

🔈Nun contexto así, cremos que a Administración Local debería apoiar e facilitar todas aquelas iniciativas que crean comunidade, fortalecen os vínculos veciñais e manteñen vivos os barrios. Porque as festas populares son unha ferramenta fundamental para facer barrio nun momento no que cada vez é máis difícil sostelo, son espazos de encontro, apoio mutuo e identidade comunitaria.

💡No ano 2015 denunciabamos publicamente a retirada do subministro eléctrico municipal para as festas e reclamabamos solucións alternativas e seguras. Por iso doe especialmente seguir, máis dunha década despois, sen solucións reais e definitivas aos puntos de luz necesarios para desenvolver as nosas actividades.

🤝 Durante todo este tempo tivemos que buscar solucións provisionais, asumir custes engadidos con moito esforzo para manter vivo un proxecto comunitario que debería contar cun apoio básico por parte da administración local.

💡Seguimos sen entender como, despois de tantos anos, aínda non existe unha solución estable para algo tan básico como os puntos de luz necesarios para realizar unhas festas.

✨ As festas do Barrio de San Pedro son unha mostra do que pode conseguir un barrio organizado cando existe compromiso e ilusión. Pero tamén teñen unhas necesidades técnicas mínimas que non poden recaer exclusivamente sobre o esforzo da veciñanza.

🪧Agardamos que o concello atope solucións duradeiras para nós e para as festas populares de todos os barrios de Compostela!

🌸 Nós seguiremos facendo o que levamos anos facendo: inventar maneiras de atoparnos, seguir tecendo redes, coidarnos e facer das rúas un lugar onde sentirnos casa.

Comments

Inicia sesión para dejar un comentario