¡Renovamos Goteo!

Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?

Filme Documental: Habitar o baleiro

Imaxe de cabeceira
Ver vídeo
Financiado o 04 / 08 / 2025
Cofinanciado!
Obtido
$ 542,747
Mínimo
$ 84,301
Óptimo
$ 2,185,114
339 Cofinanceiros
Canle
  • Achegando $ 856

    Camiñantes do Rural

    Vístete co espírito do proxecto. Levas unha camiseta exclusiva deseñada por Funkyvision, con imaxes orixinais de Brais Lorenzo capturadas durante anos por toda Galicia. Unha prenda que leva impresa a memoria visual dun rural que resiste. Ideal para quen queren visibilizar o seu apoio e formar parte desta historia.

    > 124 Cofinanceiros
  • Achegando $ 2,140

    Memoria en imaxes

    Co teu apoio recibes:

    • A camiseta exclusiva do proxecto (Funkyvision + Brais Lorenzo)
    • O teu nome nos créditos do documental como mecenas
    • Un coidado catálogo fotográfico de Habitar o baleiro, con imaxes de Brais Lorenzo e textos inéditos de Cláudia Morán, que afondan na experiencia emocional e estética do proxecto.

    Para quen queren conservar unha parte tanxible e poética desta viaxe.

    > 103 Cofinanceiros
  • Achegando $ 4,280

    Sementadores de futuro

    Esta recompensa é para quen desexan ir un paso máis aló:

    • Camiseta exclusiva
    • Agradecemento nos créditos
    • Catálogo fotográfico
    • E, ademais, unha entrada para un pase exclusivo na sala de cinena, onde poderás ver o filme antes da súa estrea oficial, compartir reflexións co teu equipo e formar parte dun momento clave para o documental.
    > 20 Cofinanceiros
  • Achegando $ 32,103

    Aliadas do territorio

    Pensada para entidades, asociacións ou mecenas estratéxicos que comparten os nosos valores:

    • Camiseta exclusiva
    • Agradecemento nos créditos
    • Catálogo fotográfico
    • Pase exclusivo
    • E, ademais, a inclusión do logotipo da túa organización nos créditos iniciais do documental (previa validación ética por parte do equipo).

    Unha forma poderosa de amosar o teu compromiso co futuro do rural e cunha produción cinematográfica con impacto social.

    > 01 Cofinanceiros

Acerca deste Proxecto

O mundo rural occidental apágase, outro nace; e esta é a súa historia.

Necesidades Material Mínimo Óptimo
Alugueiro e compra de material de gravación
Equipo audiovisual novo para poder afrontar a gravación da produción
$ 84,301
Necesidades Tarefa Mínimo Óptimo
Gastos de produción e xestión
Esta partida servirá para afrontar a distribución estatal e internacional, a distribución en festivais, o asesoramento legal e de xestión, e a tradución a 3 idiomas.
$ 746,363
Necesidades Infraestrutura Mínimo Óptimo
Salarios e gastos de persoal
Salarios e gastos de persoal Importe completo da remuneración que recibirán todos os traballadores e traballadoras do proxecto.
$ 1,354,449
Total $ 84,301 $ 2,185,114
Imprescindíbel
Adicional

Información xeral

“Habitar o baleiro” é unha peza documental que relata o fenómeno do despobamento do rural occidental con Galicia como exemplo. O contraste entre unhas costumes que están a desaparecer e os novos modelos de vida e traballo que fan por asentarse. Malia que descoñecemos que vai ser do campo e das aldeas, é posible que esteamos diante da derradeira oportunidade para documentar a sociedade rural. Mais pode que este filme sexa, ao mesmo tempo, un fito na divulgación da realidade dun mundo fóra da cidade que aínda ten unha oportunidade.

Características básicas

Vivimos un momento decisivo: o mundo rural occidental enfróntase a un proceso de transformación acelerada, cando non de desaparición silenciosa. O noso documental, propón unha inmersión crítica e cientifica na vida de aldeas que resisten fronte ao abandono, o despoboamento, a desconexión dixital e a perda de servizos básicos.

Este proxecto audiovisual busca moito máis que retratar o ocaso dunha forma de vida: quere visibilizar alternativas, testemuños de resistencia, novos modelos e comunidades; ademais do valor intanxible das culturas rurais.

O noso principal obxectivo é recoller e preservar a memoria oral de comunidades rurais en risco de desaparecer,
mostrar a complexidade e diversidade do rural actual e acompañalo de testemuños expertos que explican de onde veñen as comunidades campesiñas e en que situación atópanse.

Isto debería impulsar un debate social sobre o modelo de desenvolvemento territorial e servir de ferramenta educativa e de sensibilización en centros educativos, asociacións e foros cidadáns grazas á visibilización do documental en festivais, centros culturais e plataformas abertas para o seu libre acceso.

dossier-hob-04.jpg

Motivación e a quen vai dirixido o proxecto

Este proxecto nace dunha preocupación profunda pero tamén dun vínculo aínda vivo entre os fillos e fillas da cidade para cos seus pais ou avós chegados do campo. O que unha vez foron pobos vivos, hoxe apenas teñen eco. Esta desaparición non só é demográfica: tamén é cultural, económica, ambiental e emocional. Pois á fin e ao cabo, estas comunidades están compostas por cidadáns que gozan, pero tamén paredecen as consecuencias da sociedade moderna no mundo rural.

O documental e este propio proxecto de financiamento están dirixidos a un público xeral, especialmente a persoas que viven na cidade e que, ou ben son sensibles cos problemas que viven as xentes do campo, ou ben porque son parte desa "masa crítica" que pode tomar conciencia e actuar para cambiar o desenlace do campo.

dossier-hob-03.jpg

Experiencia previa e equipo

"Habitar o baleiro" comezou sendo, en primeiro lugar, un proxecto fotográfico e xornalístico de Brais Lorenzo e Cláudia Morán. Fotógrafo e xornalista (respectivamente) que levan anos documentando en todo o territorio galego o problema do despoboamento.

No ano 2024 sumámonos ao mesmo a produtora Metropolis.coop, que xa temos participado en diversos documentais e autoproducimos "Ciudad de la Selva; Fuxidos e Guerrilleiros nos montes de Casaio", longametraxe que tamén financiamos a través de Goteo.

Metropolis somos unha cooperativa e, dentro da mesma, estamos Juan Carlos García (grafista e deseñador do proxecto), Thomas Harris (director de fotografía e operador de cámara) e Miguel Riaño Roa (director do proxecto).

Para o documental, ademais, contamos coa música e compositora Isabel Fernández Reviriego, Kiko Sobrino, David González como operador de cámara, Marcos Conde na etalonaxe e Brais Barreiro na post-produción de son.

dossier-hob-13.jpg

Compromiso social